Feo!

Caramuxo Teatro presenta Feo! Un espectáculo de pequeno formato inspirado en ”O parrulo feo” de Hans Christian Andersen.

A pequena fábrica de parrulos de goma de “Il Papero Guiallo” produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...

Feo! É un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil.

 
En familia