Federico García Lorca - 2012

Fuente Vaqueros, Granada, 1898 – Viznar, Granada, 1936

Membro da xeración do 27, Federico García Lorca é unha das iconas da cultura española do século XX.

Poeta sublime e excepcional dramaturgo, a súa obra é reivindicada polas clases populares e polas máis altas instancias da crítica literaria.

O seu vínculo con Galicia foi temperán e intenso, trabando amizade, entre moitos outros, con Ernesto Guerra da Cal e Eduardo Blanco Amor. Aínda hoxe é motivo de acalorados debates quen dos dous influíu máis na escrita e edición dos Seis poemas galegos.

 

Programa

12:00 | Relatorio: Luis García Montero

Poeta, ensaísta, crítico literario e Catedrático de Literatura Española na Universidade de Granada, foi merecedor, entre outros, do Premio Federico García Lorca, Premio Adonáis, Premio Loewe de Poesía, Premio Nacional de Poesía e Premio Nacional da Crítica. Editor de Lorca, é un fondo coñecedor da obra do seu ilustre paisano.

13:00 | Seis Poemas Galegos (35')

Os músicos Ugia Pedreira e Marcos Teira, compoñentes do grupo Marful, na compaña dun instrumentista de culto (sorpresa), interpretarán en exclusiva para o ciclo Galicia, Ceo das Letras os Seis poemas galegos de Lorca, nun concerto inédito.

 

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada