Fasenuova

Maltrato ruidista extremo, ritmos repetitivos e envolventes, esqueletes de melodías rotas por repentinas descargas de berros salvaxes. Así se presenta Fasenuova, banda de Mieres que promete, tras a súa actuación na praza central, deixar rastro.

Fasenuova é o dúo das sorpresas e dos rumores, o grupo asturiano que non deixa a ninguén indeferente e hipnotizou tantas mentes aquí e alá. Reencarnados en 2006 tras as cinzas de varias edicións artesanais sen apenas difusión, Roberto Lobo e Ernesto Avelino comezaron entón un ascenso imparable aos cumios da creación musical, convertíronse nun dos referentes máis celebrados por crítica e público. Cun sonido analóxico potente e quente, constrúen as súas labazadas de baile sintéticas, de base industrial pero que explora as paisaxes do pop ata o fondo e que, á vez, non perde de vista os recunchos máis experimentais dun mundo estrano que tan só eles se atreven a merodear. Poéticos e sutís, cando non brutais e violentos, non conceden pausa e son sempre un achado para os que ousan achegarse ao dique da súa tempestade sónica.