Fanfarlo

Atardecer no Gaiás 2013 despedirase por todo o alto coa actuación dunha das revelacións musicas do último lustro: Fanfarlo.

Liderados por Simon Balthazar, o quinteto empuxa as guitarras convencionais cara a periferia e cédelle o paso a un folk-pop orquestrado e luminiscente que seduce por igual aos fans de Belle And Sebastian e, sen claudicar ante o mainstream, os de Coldplay.

Fanfarlo é unha das grandes bandas pop do momento e o demostran en cada directo, encabezando carteis e habitando na parte alta de festivais a pesar da súa aínda curta carreira. Pero non lle veu grande o reto: en cada concerto e con cada disco deixan claro por que tantos medios especializados cualifican a este grupo como a mellor resposta europea a Arcade Fire.

Fanfarlo despregará todos os seus encantos nunha praza exterior que contará cun ambiente menos chill-out que o de costume e onde interpretarán os temas do seu último disco Rooms Filled With Light, cunha chiscadela ao seu álbum debut: Reservoir.

Un fin de festa que non te podes perder!