Espectáculo: Indóciles | Letras Galegas na Biblioteca de Galicia 2024

A Biblioteca de Galicia conmemora un ano máis o Día das Letras Galegas cunha programación específica coa que rende a súa propia homenaxe á protagonista da efeméride neste 2024, Luísa Villata. 

Indóciles é un proxecto multidisciplinar que achega ao público a obra de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde. Da man de Vero Rilo, narradora oral; Nuria Vil, recitadora; e a música de Mónica de Nut, o legado e a voz de Luisa Villalta volven ao escenario.
Un espectáculo con narración, poesía e música que empodera a figura e a obra dunha das máis interesantes poetas galegas.