Rimas, xogos de palabras, cancións e moito humor! Migallas Teatro trae á Biblioteca de Galicia o espectáculo Brincadeiras de lingua. Unha proposta que mestura narración oral, monicreques e música para redescubrir a enorme riqueza da literatura popular infantil galega en conmemoración do Día Europeo das Linguas.
A través dunha divertida escolma de ditos tradicionais a cativada poderá gozar, rir e participar, ao tempo que se fomenta a transmisión destas expresións tamén no ámbito familiar.
Un plan perfecto para que pequenos e maiores compartan a maxia das palabras da nosa tradición!








