Entroido na horta | Entroido no Gaiás 2024

Ven gozar do Entroido no Gaiás! Este ano celebramos o Entroido na horta! [ENTRADAS ESGOTADAS]

Este ano o Entroido do Gaiás está ambientado na horta, así que tes liberdade para andar nas verzas,  converterte nunha pataca ou no que se che ocorra para este día. Queremos ver a túa orixinalidade, aínda que tamén podes vir co disfrace que che apeteza para gozar dunha tarde familiar chea de música e troula, como ben merece esta celebración. Ademais, temos desfile e concurso para premiar o voso enxeño. Iso si,  xa sabedes que o importante é pasalo ben todos xuntos coa festa máis divertida de todas as festas!

  • O Consertasso na horta de Brais das Hortas traerá á Cidade da Cultura letras e música para sementar e apañar risos e gana de cantar e bailar con temas e estilos moi variados. Un ecosistema musical moi saudable co que non poderedes permanecer quedos e quedas.
  • Animádevos a botar un baile ou varios! Ademais do concerto, durante toda  a tarde non parará a animación con música, humor e personaxes caracterizados cos que o público poderá interactuar.  É o momento para perder a vergoña e deixarse levar, porque iso é o que ten o entroido!
  • Tamén poderedes participar no desfile e concurso de disfraces  e optar aos premios ás tres caracterizacións máis orixinais que teñan que ver coa temática da festa. Inscríbete á chegada ao Museo.
  • E ademais... teremos postos de doces para saborear ben o Entroido!!!
 

 
En familia
 
8 de xuño de 2024
Ás 11.30 e ás 12.00 horas