Documental "Chichi e máis eu" de Nico Campos | Día da Ilustración 2024

Cando alguén morre, sempre quedan preguntas sen facer. Aquí percorremos a vida e a obra de Xesús ‘Chichi’ Campos, pioneiro do cómic galego, loitador antifranquista, galerista e humorista. En definitiva, unha das figuras máis esquecidas da cultura galega. E é que, cando morreu, deixou un fillo que só tiña once anos e moitas preguntas que, trinta anos despois, responde neste documental que proxecta a Biblioteca de Galicia con motivo do Día da Ilustración dedicado este ano á súa figura.

Nico Campos (Santiago de Compostela). Traballou maioritariamente na tele e en series de ficción. Chichi e mais eu é o seu segundo documental despois de Toñito Blanco: Só, perdido e vicioso, que forman unha biloxía tremendamente específica sobre figuras da cultura galega desaparecidas na década dos noventa antes de cumpriren corenta anos.

Ficha artística:Nico Campos, Mariqui Campos, Mary Campos, Paloma Campos, Tata Campos, Luís de Llano, Víctor Barús, María Ripoll, Xosé Díaz, Antón Mascato, Pepe Carreiro, Concha Lago, Jacobo Bermejo, Ángel Ezama, Suso Iglesias, Manuel Manquiña, Antonio Durán “Morris”, Ricardo Rodríguez, Piedad Cabo, Eric Campos

 Ficha técnica:

  • Dirección: Nico Campos
  • Guión: Nico Campos, Marcos Estebo, Ana Ponte
  • Fotografía: Pablo Fontenla
  • Música: Oscar Avendaño. Gravada e producida por Paco Serén en Eclipsis Studios
  • Produción: Mónica Ares, Gaspar Broullón, Nico Campos
  • Edición: Emilio Carral