A Biblioteca de Galicia, con motivo da conmemoración do Día do Libro Infantil e Xuvenil e do Día do Libro, organiza este obradoiro no que se ilustrarán poemas e textos.
Así que escoitaremos poesías e fragmentos de textos e faremos debuxos a partir destas descricións literarias. Construiranse monicreques e os espazos onde estes habitan.
Neste proceso creativo aplicaremos a técnica do colaxe, pegando o monicreque nun pau ou tira de cartón coa posibilidade de manipulalo dende arriba.
Cando estean rematados os personaxes, farase un teatriño onde cada nena e cada neno amosarán o seu traballo ao resto de compañeiras e compañeiros co obxectivo de fomentar a creatividade, a comunicación, a fantasía e a autoestima.

26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)