DJ Bigote Mix + Cine: Taking Woodstock

Primeira sesión de cine para o Atardecer no Gaiás. Será Taking Woodstock, o filme dirixido por Ang Lee sobre o coñecido festival de música.

Previamente á película, a praza central acollerá unha sesión DJ temática a cargo de Bigote Mix, nome detrás do que se agacha cando pincha o pervertido musical compostelano Marcelino B. Dende principios de século vai realizando unha serie de CDs de misturas que demostran que non é o millor DJ nin o máis guapo, pero si o máis carallante. Toca calquera pau sen medo ás críticas, única finalidade é a diversión (tamén a del). Cumbia, Electro, Funk Brasileiro, Kuduro, Pop, Tribal Guarachero, Corridos, Nu-Rave, Rumba e moito pun-chis-pa-chis.

Sinopse Taking Woodstock: En 1969, Elliot volve a súa vila para tentar reflotar o motel rexentado polos seus pais. Cando se entera de que unha localidade próxima prohibiu a celebración dun festival de música, o mozo ponse en contacto cos promotores para ofrecerlles o seu motel e, de paso, ensinarlles unhas terras onde poderían celebrar o evento. Coa colaboración de Elliot e os seus amigos, o festival de Woodstock comeza a tomar corpo e, con el, os prometidos "tres días de paz e música en White Lake".

 
Música & Escena
 
 
00:00