DJ Bigote Mix + Cine: The man who fell to earth

Atardecer no Gaiás 2016 ofrece a última das súas sesións de cine ao aire libre cunha xornada que busca ser unha sorte de homenaxe a David Bowie.

Con este obxectivo, a praza central do Gaiás acollerá a proxección de The man who fell to earth (en España, El hombre que vino de las estrellas), unha película británica de ciencia ficción baseada na novela do mesmo título de Walter Tevis (1963). Dirixida por Nicolas Roeg, The man who fell to earth está protagonizada por David Bowie e trata dun extraterrestre que chega á Terra en busca de auga para o seu planeta nativo, que sofre unha seca.

Previamente á película, a praza central acollerá unha sesión DJ temática a cargo de Bigote Mix, nome detrás do que se agacha cando pincha o pervertido musical compostelano Marcelino B. Dende principios de século vai realizando unha serie de CDs de misturas que demostran que non é o millor DJ nin o máis guapo, pero si o máis carallante. Toca calquera pau sen medo ás críticas, única finalidade é a diversión (tamén a del). Cumbia, Electro, Funk Brasileiro, Kuduro, Pop, Tribal Guarachero, Corridos, Nu-Rave, Rumba e moito pun-chis-pa-chis.