Combinación de luxo par ao penúltimo concerto do verán: Diola + Kill Kill! faranvos gozar na praza central do Gaiás para anticipar o que será o fin de festa de Atardecer no Gaiás 2016.
Diola nacen das cinzas de Unicornibot. Din que non son un fin, senón un medio. Non é un grupo, senón un laboratorio. É guitarra, baixo, batería, caixa de ritmos, sintentizadores, programacións e voces, fluindo a través de tres intérpretes un pouco tocados e bastante rebeldes.
Kill Kill! presentan o seu LP debut: Reacciones a distancia. A fórmula do dúo non cambia: coller o post-hardcore e o indie rock noventeiro e convértenno no máis pop posible sen perder a cabeza, armados de baixo, batería, síntesis e bases electrónicas.


