A Cidade da Cultura de Galicia celebra o Día das Letras Galegas cun recital poético-musical no que se lle renderá unha grande homenaxe a Xosé María Díaz Castro.
Armando Requeixo será o encargado de introducirnos na figura do autor de Nimbos, na súa súa obsesión pola perfección e a súa preocupación por Galicia e polos problemas do ser humano: a vida, a morte o tempo.
Da man do Centro PEN Galicia, a Biblioteca e Arquivo de Galicia será o escenario deste recoñecemento público ao autor lucense a través dun recital poético na voz de Alba Cid, Luís González Tosar e Salvador García-Bodaño. Marta Quintana e Cuchús Pimentel serán os responsables do fin de festa, interpretando parte do seu último traballo no que converten os poemas de Nimbos en once fermosas cancións cheas de forza e reivindicación.
