Día dos Museos: Os Rescatadores de Auga Doce

A auga do planeta está en perigo e só un grupo de elixidos superheroes serán quen de salvala. Queres ser un deles? No Día dos Museos, achégate ao Gaiás, acaba cos males que ameazan ao medio e consegue os amuletos que farán de ti un auténtico Rescatador de Auga Doce.

Coa axuda dos teus pais, demostra ao longo da exposición o teu valor e a túa preocupación polo futuro da auga. Primeiro combate xunto aos esquimós o desxeo dos polos e constrúe a súa casa en forma de iglú. E despois enfróntate á contaminación dos ríos e axuda aos peixes a sobrevivir. A cambio recibirás os amuletos protectores que te converterán nun Rescatador de Auga Doce.

 
En familia