A Biblioteca de Galicia festexa o Día do Libro (23 de abril) co agasallo de publicacións a toda a xente que se achegue ás súas instalacións, na Cidade da Cultura, de 9 a 21 horas e ata que se esgoten as existencias.
Achégate para ter o teu agasallo lector!
Ademais, ás 19 horas, podedes participar nun encontro coa escritora Ledicia Costas quen revelará como e de que maneira deixou pegada na súa escrita unha obra referencia da literatura xuvenil en galego: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz.
Quedan prazas, bulide a coller as últimas. E no caso de que non poidades vir, seguídea en aberto e en liña pola nosa canle de Youtube
