Día das persoas usuarias 2026 | Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia celebra o Día das Persoas Usuarias o vindeiro luns 12 de xaneiro cunha xornada na se poderá percorrer os espazos restrinxidos do complexo e coñecer máis sobre as labores desta institución da man do persoal técnico da biblioteca. Tamén se agasallarán bolsas sorpresas de libros ata esgotar existencias. 

Visitas guiadas

Na visita guiada os técnicos da biblioteca explicarán os servizos que ofrece a institución e amosarán os espazos de acceso restrinxido onde se custodian a maior parte dos seus fondos. Durante a visita, que durará aproximadamente unha hora, mostraranse algunhas das obras máis importantes ou singulares que garda a Biblioteca de Galicia, como algúns dos seus incunables, mapas, carteis ou revistas tan determinantes para a nosa cultura como Nós ou Vida Gallega. 

Agasallo libros

As persoas que visiten a biblioteca serán agasalladas cunha bolsa sorpresa de libros que poderá recollerse no mostrador de acceso á sala de consulta ata esgotar existencias.

 

 
Letras & Pensamento