De ler palabras a entender historias | Conversa con Teresa Neira na Biblioteca de Galicia

Aprender a ler é moito máis que recoñecer letras e xuntar palabras. É comprender o que temos diante, facernos preguntas, descubrir novas ideas e, pouco a pouco, construír o noso propio sentido do que lemos.

Neste proceso, as crianzas non aprenden soas. Escola e familias comparten un papel fundamental á hora de acompañar os primeiros pasos na lectura e na escritura.

Na charla De ler palabras a entender historias, que se celebra na Biblioteca de Galicia con motivo do Día da Alfabetización, Teresa Neira achegarase de forma clara e próxima aos procesos que se poñen en marcha nas primeiras idades para aprender a ler e escribir. Un espazo para entender mellor como se desenvolven estas aprendizaxes e descubrir maneiras de acompañalas desde a casa.

Teresa Neira é mestra de Educación Infantil e conta con máis de 30 anos de experiencia nesta etapa. Especializada no ensino e aprendizaxe da linguaxe escrita desde un enfoque construtivista, imparte habitualmente formación a docentes e familias, tanto en Galicia como no resto do Estado.

 

 
En familia