Daniel Minimalia

Daniel Minimalia volve ao Gaiás para deleitarnos nun novo Atardecer no Gaiás cos temas do seu segundo disco Arenas de Luna. Con este novo traballo, este ourensán confirma a súa xenialidade como músico de características únicas en España e de gran proxección internacional tras o seu exitoso álbum debut Cuentos Sonoros, polo que foi bautizado como o "Mike Oldfield español".

Arenas de Luna contén nove temas gravados íntegramente polo músico ourensán, que nos amosa a súa vertente más racial e orgánica con influencias da música de raíz como o folk, flamenco, gipsy jazz, música francesa, pasando novamente polo rock e a electrónica.

 
Música & Escena
 
 
00:00