Contos en movemento trata de achegar o público á linguaxe cinematográfica a través da literatura… Os participantes poderán visionar unhas curtas tras a presentación dun libro/álbum no que se inspiran estas pequenas pezas cinematográficas.
Tras elas, o auditorio realizará unha análise do film, para lograr entender como os directores realizan as súas películas, vendo as distintas partes do film: o guión, a composición dos fotogramas, os tipos de planos, as secuencias…


