Cucu Haiku

Cucu Haiku é un espectáculo visual e poético pensado para nenos de 1 a 6 anos, unha metáfora poética coa que entender as transformacións e os cambios que experimentamos ao longo da vida.

Trátase dunha viaxe polo arco de vella na que coñecer os sete cores, as notas musicais, as catro estacións… Nunha linguaxe adaptada aos máis pequenos e cunha escenografía próxima á cultura xaponesa, Cucu Haiku non é máis que unha historia de amizade e solidariedade entre cores coa metáfora da transformación de fondo.