Contra a solemnidade

Por problemas de axenda dos relatores, esta última sesión de Nexos trasládase ao 7 de decembro. Desculpen as molestias que este cambio lles poida ocasionar.

As prazas reservadas para o 9 de novembro consérvanse. No caso de se queira renunciar a ela, pode facelo cancelando a reserva a través da web ou chamando ao número 881 979 010.

Nuns días activarase de novo a inscrición previa para aqueles que aínda non reservaran.

------------------------------------------------------------------------------------------------------

Que é o humor? Algúns din que é un estado de conciencia que serve para alixeirar o peso emocional da vida. Para outros é unha disposición de ánimo que nos permite albiscar o lado absurdo e paradoxal da existencia. Ou un saudable freo contra o propio narcisismo. O certo é que as formas do humor constitúen un repertorio inmenso que esquiva toda definición.

Humor branco ou negro, sátira, sorna, retranca, parodia, ironía... Poucos pensadores se atreveron a lle meter o dente (entre nós, Celestino F. de la Vega), pero centos de escritores o empregan como un recurso imprescindible. A lista sería interminable. Baste citar a Quevedo, Thomas de Quincey ou Alfred Jarry. Ou desta beira a Valle Inclán, Castelao ou Julio Camba.

Programa

12:00 | Relatorio: Eduardo Mendoza

O autor de La ciudad de los prodigios, La verdad sobre el caso Savolta ou El misterio de la cripta embrujada é un dos referentes inescusables da literatura española actual, ademais dun destacado cronista da cidade de Barcelona e un mestre exquisito no manexo do humor. Antes de recibir o Premio Planeta (2010) e multitude de recoñecementos en España, Francia e Italia, foi tradutor da ONU en Nova Iorque.

12:45 | Exposición: Gonzalo Navaza

Escritor, poeta, ensaísta, tradutor e profesor de literatura na Universidade de Vigo, foi director dos dicionarios de galego da editorial Xerais. Na súa faceta literaria foi galardoado, entre outros, co Premio da Crítica Española en 1991 e 2000. Algunhas das súas obras como A torre da derrota, Elucidario ou Erros e Tánatos son cumios do humor, dos xogos de palabras e dos palíndromos. Desde 2009 é académico correspondente da RAG.

13:15 | Teatro experimental: Los Torreznos

O dúo formado por Jaime Vallaure e Rafael Lamata son un expoñente do chamado “Arte de Acción”, sendo aclamados en numerosas xiras por Asia, Europa e América. Nesta sesión presentarán a súa peza “La Cultura”, na que parten dunha suposta conferencia que dexenera ate desvelar capas profundas...

 

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada