Coñecendo outras culturas

Ofrecen milleiros de aventuras, os seus andares están cheos de páxinas fascinantes e permiten descubrir lugares lonxanos, personaxes fascinantes e idiomas exóticos. E agora tamén moita diversión. Porque o día 26 de outubro, a Biblioteca de Galicia convértese no mellor lugar para deixarse levar pola imaxinación.

Para conmemorar o Día da Biblioteca -creado en 1997 para concienciar á sociedade sobre a importancia da lectura na infancia e xuventude e salientar o encomiable labor dos bibliotecarios para dinamizar a lectura- bibliotecarias e bolseiras da Biblioteca de Galicia organizan 'Coñecendo outras culturas'. Trátase dunha divertida actividade na que nenos de 6 a 12 anos descubrirán o amor pola lectura da man de Fuco, a mascota bibliotecaria, que guiará aos participantes por unha intrincada aventura na busca de pistas que dará lugar a unha lectura conxunta e un posterior obradoiro no que compartir as descubertas realizadas. 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)