Concurso de postais 'Imaxina o teu Nadal no Gaiás'

A Cidade da Cultura anima aos máis pequenos da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás.  Se tes entre 0 e 9 anos, participar é moi fácil:

  • Colle a plantilla (ver zona de descargas).
  • Pinta o teu Nadal no Gaiás.
  • Envíanos a túa postal ou deposítaa no buzón do Museo Centro Gaiás antes do 19 de decembro.

As seis máis orixinais recibirán un agasallo e unha entrada dobre para unha das funcións de Nadal no Gaiás. 

Bases
Concurso de postais de Nadal dirixido a nenos de 0 a 9 anos.
 
Premios:
  1. Categoría de 0 a 5 anos: as tres postais gañadoras recibirán un xogo interactivo e unha entrada dobre para o espectáculo teatral Al Tun Tun.
  2. Categoría de 6 a 9 anos: as tres postais gañadoras recibirán un lote de libros e algunha que outra sorpresa xunto cunha entrada dobre para o espectáculo teatral Al Tun Tun. 
A postal deberá levar o nome do autor, idade, enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
 
As postais poderán enviarse ata o 19 de decembro ás 12:00 horas polos seguintes medios:
  1. Correo electrónico á dirección online@cidadedacultura.org
  2. Correo postal: Museo Centro Gaiás, Gaiás s/n, Santiago de Compostela. A Coruña.
  3. Poderán depositarse no buzón habilitado no mostrador de entrada do Museo Centro Gaiás.
O xurado será designado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia a tal efecto e o fallo emitirase o 22 de decembro.

A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e a decisión do xurado que se teña designado.
 
A Cidade da Cultura poderá difundir a través de calquera dos seus canais as postais presentadas ao concurso. 
 
 
En familia
 
17 Xuñ 2023
Ás 18.00 horas
26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)