A Cidade da Cultura anima os máis pequenos da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás.
Participar é moi fácil: descarga a plantilla, pinta o teu Nadal no Gaiás e envíanos a postal ou deposítaa no buzón do Museo Centro Gaiás antes do 20 de decembro. As tres máis orixinais recibirán un plumier e unha entrada triple para a función de teatro O Arxina e Felo, que terá lugar o 26 de decembro no Gaiás. A postal gañadora convertirase, ademais, na tarxeta electrónica coa que a Cidade da Cultura felicitará estas festas a todos os galegos.
Bases
- Concurso dirixido a nenos de 0 a 6 anos.
- Premios: as tres postais gañadoras recibirán un plumier e unha entrada triple para a función de teatro O Arxina e o Felo, que terá lugar o 23 de decembro no Gaiás.
- A postal deberá levar o nome do autor, idade, enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
- As postais poderán enviarse ata o 20 de decembro ás 12:00 a online@cidadedacultura.org ou por correo postal (Museo Centro Gaiás, Gaiás s/n, Santiago). Tamén poderán entregarse no mostrador de entrada do Museo Centro Gaiás.
- O xurado será designado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia a tal efecto e o fallo emitirase o 21 de decembro.
- A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e a decisión do xurado que se teña designado.
- A Cidade da Cultura poderá difundir a través de calquera dos seus canais as postais presentadas ao concurso.
