Este outono comeza no Gaiás xogando en familia a través da música do compositor húngaro Gyorgy Ligeti. As terceiras Xornadas de Música Contemporánea chegan un ano máis á Cidade da Cultura da man da formación de vento Zoar Ensemble e o piano de Nicasio Gradaille cun concerto pedagóxico no que poderán disfrutar grandes de pequenos.
De aparente complexidade, a música de Ligeti baséase en piares moi sinxelos e familiares tanto para amantes da música como para descoñecedores. Algo tan primitivo como o ritmo, a repetición, a música popular ou unhas matemáticas moi sinxelas aparecen na súa música. Ademais coñeceremos como Ligeti descubriu e xogou coa música electrónica para crear paisaxes case extraterrestres! Con todos estes conceptos xogaremos neste concerto en familia no que seguro o pasarás ben.
