«Compaña», de Xampatito Pato | Día Mundial do Circo 2025

Un personaxe solitario na procura de compaña explora a súa imaxinación para deixar atrás a soidade. Un proceso de descuberta no que os pensamentos voan con vida propia e o público emprende un camiño ateigado de gargalladas e de sorpresas.

Na Cidade da Cultura festexamos o Día Mundial do Circo con Xampatito Pato e un espectáculo no que o teatro de monicreques e o mundo do circo se entretecen nunha fermosa historia onde todos os engrenaxes xiran á perfección. Un mundo surrealista e onírico e un relato sen palabras que hipnotizan a cativada e abraian a nena ou neno que todas as persoas adultas fomos nun tempo. 

>>Preme AQUÍ para mercar a túa entrada<<

Xampatito Pato

Xampatito Pato é o proxecto escénico de Jesús Velasco Otero, artista multidisciplinar que destaca pola súa destreza e creatividade, calidades que se materializan na escena en espectáculos de gran beleza cos que o público conecta desde o primeiro momento. Con diferentes compañías e espectáculos, xirou e levou a súa arte a cidades de China, Rusia, Croacia, Suiza, Francia, Italia, Portugal e todo o territorio nacional.

Ficha artística

  • Interpretación: Jesús Velasco
  • Dirección: Jorge Jiménez e Jesús Velasco
  • Deseño de escenografía: Jesús Velasco
  • Escenografía: CruLe Productions
  • Deseño de luces: Rafael Díaz Ramírez
  • Deseño de vestiario: Alicia Tojo
  • Arranxos sonoros: Javier Lemus Escudero
  • Pintura: Raquel Germade
  • Costura de bonecos: Lorena Mariño
  • Deseño gráfico: Berbal Studio
  • Fotografía: Leticia Mariño e Sol Álvarez

.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas