Cidade Imaxinaria: Auga Doce

Con motivo de Cidade Imaxinaria 2014, a Cidade da Cultura convida a todos os asistentes a visitar de balde a exposición Auga Doce, mostra coa que redescubrir a beleza universal dun elemento definidor da alma galega a través da ollada de grandes artistas.

Ademais de poder visitala libremente de 11 a 20 horas, Auga Doce contará con catro visitas guiadas ao longo do día para poder profundar na historia artística do líquido elemento. Durante os percorridos realizarase un total de dous sorteos dunha estancia nun hotel-balneario cortesía de Balnearios de Galicia, colaborador da mostra.

Da man de xenios do talle de John Constable, David Hockney, Gerhard Richeter, Louise Bourgeois, Mario Merz, Martín Chirino ou Chema Madoz e grandes creadores galegos, a exposición propón unha intensa experiencia estética a través dunha selección multidisciplinar de obras que reúne pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, enxeños científicos ou pezas etnográficas.

 
En familia