Chrystyan Magic na senda da serpe alada

Chrystyan Magic descubriralle a todas as nenas e nenos a ilusión, a fantasía que se enconde en todos os libros e na lectura só con deixar voar a imaxinación e poñer en práctica a súa creatividade. Cando a imaxinación camiña sobre as palabras, infinitas posibilidades se abren ante nós.

Un libro é máxico. Lévate a lugares afastados e faite vivir magníficas aventuras con novos amigos a través das súas palabras… ¡Sen moverte do sitio! Pero sabes que hai moitas maneiras de descubrir esas historias?… E pensaches algunha vez que a maxia podería ser aínda máis máxica se do sombreiro dun mago saíse un libro?

Na senda da serpe alada é un espectáculo de animación á lectura baseado no conto do mesmo nome. Da súa chistera volverán saír ducias de xogos de ilusionismo que revivirán as aventuras do seu protagonista.

 
En familia
 
17 Xuñ 2023
Ás 18.00 horas
26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)