Chancha Via Circuito

Chancha Vía Circuito é o folklore levado ás pistas de baile do futuro. Artista de culto para os círculos máis vangardistas da música electrónica, Pedro Canale explora baixo o seudónimo de Chancha Vía Circuito as súas influencias latinoamericanas.

Na súa música hai unha reformulación da world music latinoamericana, cun punto de partida que foi a cumbia dixital pero logrando hoxe en día fusións inauditas onde se procesan ritmos orixinarios do Brasil, arpas paraguaias, mística andina, a soedade pampeana do folklore arxentino e a proxección espacial da música electrónica futurista.

 
Música & Escena
 
 
00:00