Ceo das Letras Infantil - 2012: García Lorca

O Autor: Fecerico García Lorca

Fuente Vaqueros, Granada, 1898 – Viznar, Granada, 1936

Membro da xeración do 27, Federico García Lorca é unha das iconas da cultura española do século XX. Poeta sublime e excepcional dramaturgo, a súa obra é reivindicada polas clases populares e polas máis altas instancias da crítica literaria.

O seu vínculo con Galicia foi temperán e intenso, trabando amizade, entre moitos outros, con Ernesto Guerra da Cal e Eduardo Blanco Amor. Aínda hoxe é motivo de acalorados debates quen dos dous influíu máis na escrita e edición dos Seis poemas galegos.

 

 
En familia