Carapuchiña vermella no faiado | Día das Bibliotecas 2024

A Biblioteca de Galicia celebra o Día das Bibliotecas coa representación teatral Carapuñiña vermella no faiado. Un espectáculo de público familiar da compañía Teatro do Andamio. 

A protagonista da obra é Flora, unha actriz que conta sempre as mesmas vellas historias, pero dun xeito moi especial. Hoxe encarna o papel de Carapuchiña Vermella, o seu conto favorito de cando era unha rapaza! Pero as cousas complícanse: Flora chega tarde á actuación e, por se isto fose pouco, Bruno, o técnico desta obra, non aparece por ningures... Pero non vos preocupedes, porque neste faiado Flora atopará todo o que precisa para o espectáculo e, se cadra, aínda que ela non o saiba, a historia vai ser moi diferente ao que agarda. 

 

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas