Cancións para Begoña | Letras Galegas no Gaiás 2026

O Gaiás celebra o Día das Letras Galegas 2026 con Cancións para Begoña, un concerto para todos os públicos a partir da obra de Begoña Caamaño para achegarse á súa literatura desde outro lugar: o dos sons, a harmonía, a escoita.

A proposta, a cargo de María Faltri (voz, composición), acompañada por Reynier Aldana (bases, guitarra e coros) e Mei Téllez (guitarra e coros) en escena, nace a raíz dunha aproximación íntima a obra da autora. Non desde a análise, senón desde o que a súa palabra vai deixando: imaxes, preguntas e a emoción que se transforma en música.

O repertorio está formado por cancións orixinais que dialogan coa obra de Begoña e atravesan temas como a identidade, o vínculo, a imaxinación, as emocións ou o feminismo. Non buscan explicar a súa obra, senón propoñer outras formas de escoitala e sentila. 

Cancións para Begoña é  un exercicio de creación musical desde a literatura, entendendo a palabra como punto de partida para construír novas paisaxes sonoras. Un espectáculo que converte a obra de Begoña Caamaño nun espazo vivo no que as letras e os sons se fuden.