O vindeiro venres, 29 de decembro, a partir das 16:30 horas, o salón convencións do Edificio CINC na Cidade da Cultura, cambiará o seu aspecto completamente para transformarse nun auténtico circuíto de pistas de baloncesto.
O Monbus Obradoiro quere ofrecer un plan dirixido aos menores de 18 anos para que estas vacacións non deixen de practicar o seu deporte favorito: “Búscase ao mellor tirador de Galicia”. Todos os interesados en demostrar a boa man que teñen na pista poderán inscribirse neste evento por categorías segundo a idade: Babybasket (entre 5 e 7 anos), Preminibasket (8 e 9 anos), Minibasket (10 e 11 anos), Infantís (12 e 13 anos) e Cadetes e Junior (entre 14 e 17 anos).
Só os campións de cada categoría chegarán á gran final e, para que se desenvolva en igualdade de condicións e a diferenza de idade non sexa un impedimento entre os finalistas, serán os xogadores do Monbus Obradoiro os que os representen nesta gran final.
PREMIOS:
- 100 entradas para nenos/as para 1 partido de liga (só menores de idade)
- Diploma A4 que lle outorga a como o mellor tirador de Galicia e firmado por xogadores dol Obra. (ao 2º y e ao 3º gañador/a tamén).
- Merchan: xogador máis novo en participar, mais xogador con mellor mecánica de tiro.


