Buscando a estrela de Nadal

Espectáculo onde os nosos personaxes están preocupados porque parece que o espírito de Nadal perdeuse. É por iso que emprenderán unha divertida aventura que lles fará percorrer dende as xeadas terras do Polo Norte ata as áridas areas do deserto.

Ao longo desta aventura, coñecerán personaxes tan sigulares coma os axudantes de Papá Noel, ou os amables paxes dos Reis Magos desdubrindo, deste xeito, por que a xente xa non ten ilusión; e é que a estrela que debe guiar aos Reis Magos perdeuse, así que a súa misión deberá ser agora atopala, xa que así renacerá de novo nas persoas o espírito de Nadal.

A través deste divertido espectáculo, os nosos protagonistas realizarán, coa axuda do público, unha chea de experimentos cos que ademáis de pasar un rato moi divertido, aprenderán conceptos coma os dunha reacción química, elementos hidrófugos, raios UVA...

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás