Botánica Surrealista

Botánica surrealista é o segundo dos obradoiros que a Biblioteca de Galicia organiza para conmemorar o Día das Artes Galegas, dedicado a Maruja Mallo. Neste obradoiro preténdese facer un achegamento á obra La sorpresa del trigo da artista galega. Comprobaremos que pasaría se plantasemos sementes de legumes en lugares tan curiosos como o nariz, o xeonllo ou os beizos, ao igual que fixo Maruja Mallo co trigo xermolando dos dedos da man da protagonista desta obra tan singular. Para isto distribuirase entre os/as participantes un puñado de sementes: garabanzos, lentellas, chícharos...que terán que incluír na súa proposta plástica. Ao remate da actividade repartirase entre os/as asistentes un kit de herboristería con instrucións precisas para que cada quen plante os seus legumes.

 
En familia