Bifannah son o resultado de mesturar a cadencia dos 60's, moody garage e a tropicalia do séxulo XXI. Formada por Antía Figueiras, Guille V. Zapata e Antón Martínez (ex membros de Wild Balbina, Mvnich ou Avispa), Bifannah nace a medio camiño entre UK, Barcelona e Galicia na primavera de 2015.
A banda ofrece melodías extremadamente namoradizas, amparadas na psicodelia e o garage setenteiro dun modo etéreo e atmosférico. Cancións reflexo da súa querencia polo jazz, o fuzz e a psicodelia partindo da lusofonía atlántica.

