Berrogüetto en concerto

O Nadal arranca no Gaiás cunha actuación moi especial do grupo Berrogüetto. A banda ofrecerá a oportunidade de gozar dunha actuación única, onde os asistentes descubrirán os segredos de cada instrumento e achegaranse un pouco máis ao que hai detrás dunha actuación musical.

Pais e nenos aprenderán xuntos o funcionamento da zanfona, do violín ou do acordeón ao ritmo dunha das mellores bandas de folk galego nunha experiencia musical didáctica sen precedentes. Unha oportunidade única de coñecer como traballan os músicos e a mellor forma, sen dúbida, de comezar as vacacións de Nadal.

 
Música & Escena
 
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
26 — 29 Mai 2026
Portas abertas: 29 Mai | 17 h