Barro+Auga doce: Arxila!

Crea as túas propias figuras feitas de arxila e aprende a decoralas con diferentes técnicas primitivas: impresión, incisión, escisión e aplicación en relevo. Barro+Auga: Arxila! permite coñecer outros usos da auga como a capacidade para modelar o barro e dar lugar a pezas do noso día a día como vaixelas e construcións de tapia, adobe e ladrillo. 

Viaxa desde a Prehistoria ata os nosos días a través da auga e o barro e leva para casa un fermoso obxecto co que recordar este Día dos Museos no Gaiás.

As prazas son unicamente para os nenos. Os adultos no participan no obradoiro.

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h