Manuel Antonio será o protagonista deste mes na Biblioteca e Arquivo de Galicia e dunha xincana chea de retos, enignas e probas colectivas.
A través da obra máis senlleira de Manuel Antonio, De catro a catro, os participantes no xogo dramatizado Aventuras no mar de máis alá realizarán unha imaxinaria ruta en barco con múltiples paradas nas que achegarse ao autor, a súa obra e contexto histórico dun xeito divertido.

26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)