Aventura no Amazonas

Adéntrate no Orinoco, adobíate coas pinturas de guerra, vístete coas prendas da selva e prepárate para vivir unha aventura única que fará de ti un auténtico Yanomami, Piaroa ou Yekuana.

Para iso, e coa axuda dos teus pais, terás que percorrer os tres andares do Museo Centro Gaiás en busca das plumas da sabedoría que te levarán ata a coroa do xamán. Pero o Orinoco está cheo de ritos, tradicións e perigos que deberás superar: reproduce os sons tribais, enfróntate á temida pranta carnívora e axuda a tecer unha guapa xigante. O Campamento Tepuy agárdate como meta para superar a última proba: converter as plumas da sabedoría na gran coroa do xamán que te investirá como membro da tribo. 

Cada sábado achégate ao Museo Centro Gaiás, adéntrate na selva amazónica e vive unha aventura única. 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)