Aventura GPS

A orientación aventura GPS é una maneira moi divertida e orixinal de descubrir  a nosa contorna.

A actividade comezará dividindo aos participantes en equipos, aos que se lles distribuirán os GPS, nos que xa estarán marcados distintos puntos. Tras unha breve explicación sobre o funcionamento da unidade, sairase á busca das distintas pistas que estarán colocadas con antelación.

A misión dos equipos consiste en atopar ditos puntos, situados en calquera lugar da zona. Unha vez localizado o punto, haberá que pasar unha proba. Mentres non se supere a proba, non se poderá  avanzar na ruta. Gañará o equipo que primeiro acabe o percorrido establecido.

O equipo gañador será obsequiado cunha das seguintes actividades: actividade de multiaventura, ruta a cabalo, tiro con arco… etc

 
En familia