Augarte!

Augarte! propón unha viaxe desde o Museo Centro Gaiás á Prehistoria creando un auténtico mural de arte rupestre. A través do visionado de diversas láminas e de réplicas, os nenos e nenas entenderán como se crearon as pinturas rupestres con diversos materiais atopados na contorna natural e como crearon diversos debuxos coas técnicas empregadas na prehistoria: usando os pigmentos simplemente misturados coa auga.

Así, ademais de coñecer e experimentar os modos de vida na época prehistórica e a importancia que tivo a auga, os pequenos reforzarán a súa creatividade ao tempo que se divertirán deseñando e compoñendo un auténtico mural rupestre. 

As prazas son unicamente para os nenos. Os adultos no participan no obradoiro.

 
En familia