Auga Miúda

Empápate de historias onde os ríos, as charcas, os regatos, as fervenzas, a choiva ou os pozos son protagonistas. Auga Miúda é un espectáculo de narración oral para toda a familia con contos clásicos, contemporáneos e de creación propia interpretadas por bonecos, franelógrafos, láminas e elementos sonoros. 

Colle un pouquiño de contacontos, engádelle unha pinguiña de teatro, déixao ao baño María con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima e temos esta nova sesión de Pablísimo.

 
 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h