Como soaba a música na prehistoria? Cal sería a canción de moda do verán hai 14.000 anos?
Nesta actividade didáctica poderemos descubrir a música daqueles tempos, aproximándonos aos diversos restos arqueolóxicos e ao rexistro etnográfico como referentes.Poderemos entender a música como unha forma de comunicación e unha das formas de divertimento máis antigas.
Os participantes aprenderán as diversas familias de instrumentos musicais da época, os materiais, os tipos de sons e ademais crearán unha bramadera, un dos instrumentos musicais máis antigos que coñecemos.
Realizarase esta peza con madeira e pintarase a súa superficie mesturando pigmentos naturais. Rematarase a actividade aprendendo a utilizar este instrumento de comunicación para enviar mensaxes moi divertidas!
Obradoiro dentro das actividades do Mes da Ciencia.
