A auga coma fonte de son. Esta é a proposta do Aquófono, un innovador instrumento musical de percusión co que gozarán grandes e pequenos a través das súas fantasías musicais únicas, efémeras e irrepetibles.
Nun espazo dedicado á experimentación e ao relax, o Aquofono interpretará a Sonata do Soño, paisaxes sonoras relaxantes que dan lugar a un tipo de choiva moi especial, xa que ao impacto das pings pódeselle asignar distintos sonidos naturais: desde simples pingas de auga a burbullas, ondas, sons de cetáceos e cantos de paxaros.
O Aquófono é un sistema único a través do que gozar dunha viaxe particular a través de lugares descoñecidos onde a choiva é arte, sexan catro pingas, un chaparrón, unha forte tormenta ou un delicado orballo.
