Apertura do Nadal no Gaiás 2019

Como socio/a do Club Gaiás queremos convidarte á apertura do noso Nadal no Gaiás cunha deliciosa merenda para festexar o arranque destas festas. Teremos obradoiros creativos para a cativada e chocolate quentiño con churros para gozar dunha estupenda tarde en familia!

Este venres 13 de decembro ás 18:00 horas abriremos as portas e acenderemos as luces para dar a benvida ao Nadal: vinde en familia mergullarvos nun escenario cheo de luz e cor, cunha cidade máxica de conto e unha árbore xigante no Museo Centro Gaiás e unha espectacular iluminación exterior. Bule a inscribirte e ven coa túa familia ou amigos a gozar destas festas na Cidade da Cultura.

Para ser unha/un dos convidados e asistir en primeira fila ao acendido da iluminación do Nadal no Gaiás, inscríbete a través deste formulario: http://bit.ly/ReservasNadalnoGaias2019.

IMPORTANTE: Non esquezas anotar no apartado "Observacións" do formulario o teu número de socio do Club Gaiás e indicarnos os nomes das persoas te acompañaránAquelas reservas nas que non figure número de socio serán eliminadas.