Apertura da 'Cidade do Nadal' no Gaiás

Como socio/a do Club Gaiás queremos convidarte á apertura da nosa Cidade do Nadal! Este venres, día 14, ás 17:30 horas abriremos as portas e acenderemos as luces para dar a benvida a estas festas. Vide mergullarvos nun escenario cheo de luz e cor no Museo Centro Gaiás. Teremos obradoiros creativos para a cativada, unha grande árbore para decorar e chocolate quentiño con churros para gozar dunha tarde en familia.

Tamén poderedes ver antes ca ninguén a iluminación exterior que estreamos este ano no Gaiás: un camiño de luz inspirado nun ceo cargado de estrelas que nos guiará desde a Biblioteca e o Centro de Emprendemento ata o Museo.

Para ser unha/un dos 80 convidados e asistir en primeira fila ao acendido da iluminación da nosa 'Cidade do Nadal', bule a indicarnos que queres vir! Inscríbete a través do formulario dispoñible no seguinte enlace: bit.ly/ReservasCidadedoNadal

IMPORTANTE:

  • Cada socio/a pode inscribir ata un máximo de catro persoas
  • Non esquezas indicar no apartado "Observacións" do formulario o teu número de socio do Club Gaiás e un enderezo de correo electrónico para confirmar a túa reserva. Aquelas reservas nas que non figure número de socio serán eliminadas.