Andaina feiticeira | Faite coas túas herbas de San Xoán nos espazos naturais do Gaiás

Día de San Xoán, meniña vaite lavar;
pillarás auga de paxaro antes que o sol raiar.

A noite de San Xoán é unha noite cunha gran riqueza de rituais. Auga, lume e vexetación son os tres elementos primordiais na celebración desta noite meiga que marca a chegada do verán. Un dos ritos máis feiticeiros é deixar, ao relento da noitiña, un feixe de herbas a macerar nun caldeiro de agua para, na mañá, lavarse e ficar así purificadas/os e perfumadas/os e espantar os males.

Para este ritual non serve calquera herba, teñen que ser as herbiñas de San Xoán (Herba luísa, malva, tormentelo, abeluria, estalote, codeso ou fiúncho) que podemos atopar nos espazos naturais do Gaiás e aos que vos convidamos a percorrer nesta Andaina feiticeira para ir recolectando e levar a cabo este costume ancestral.

Paula Toimil, do Servizo de Educación, Mediación e Atención ao visitante, será a encargada de guiarvos polas zonas naturais do complexo da Cidade da Cultura (Bosque de Galicia e Parque do Lago) para axudarvos a identificar estas herbas e afondar nesta tradición tan máxica, ao tempo que vos explica e dá a coñecer como e de que xeito foron medrando estes espazos verdes do Gaiás.

 

 
En familia
 
Campamento por semana |Do 22 xuño ao 18 xullo
Formación en liña luns, martes e mércores (11h-13.30h)