Alonxo Caxade -acordeonista en Pel de Noz, Cuarteto Caramuxo e bombardinista na Orquestra Os Modernos- trae á Cidade da Cultura o seu proxecto máis persoal: Caxade.
Cun ton elegante, modesto e sinxelo onde se liga a música e a imaxe, Caxade achégase a un discurso metafórico e mesmo ao surrealismo post-modernista que parece encaixar coas reivindicacións e demandas da sociedade actual.
+ info: www.caxade.wordpress.com
