Al Tun Tun

Un escenario, tres comediantes e un mundo onde todo é posible. Esta é a proposta de Al tun tun, unha obra de teatro chea de humor exquisito, absurdo e cun surrealismo delicioso que deixará coa boca aberta a grandes e pequenos.

Cunha linguaxe teatral que bebe directamente da máis pura tradición dos pallasos, Teatre Móbil ofrece un abanico de sorpresas. Unha escaleira, un atril, un restaurante, unha rodaxe de cine, unha lenda irlandesa… Imaxes e situacións adversas para facernos pensar, pasar un bo rato e, como non, escachar coa risa.

 
En familia
 
 
00:00
 
17 Xuñ 2023
Ás 18.00 horas
26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)